MAC MARÍN
Inicio
PROGRAMACIÓN
VENTA DE ENTRADAS
OBRADOIRO NUSKA CHOUSA
CAMPAMENTO AUDIOVISUAL
NOVA IMAXE 5ª EDICIÓN
BASES
MAC MARÍN
Inicio
PROGRAMACIÓN
VENTA DE ENTRADAS
OBRADOIRO NUSKA CHOUSA
CAMPAMENTO AUDIOVISUAL
NOVA IMAXE 5ª EDICIÓN
BASES
Más
  • Inicio
  • PROGRAMACIÓN
  • VENTA DE ENTRADAS
  • OBRADOIRO NUSKA CHOUSA
  • CAMPAMENTO AUDIOVISUAL
  • NOVA IMAXE 5ª EDICIÓN
  • BASES
  • Inicio
  • PROGRAMACIÓN
  • VENTA DE ENTRADAS
  • OBRADOIRO NUSKA CHOUSA
  • CAMPAMENTO AUDIOVISUAL
  • NOVA IMAXE 5ª EDICIÓN
  • BASES

CURSOS CURTOS DE VERÁN

do 18 ó 21 de agosto no concello de Marín

FORMACIÓN - ILUMINACIÓN DOP

IMPARTIDO POR TOM SWINDELL

Tom Swindell é un director de fotografía (DOP) nado en Cardiff, Gales, especializado en documental cinematográfico e televisión factual. Con máis de 17 anos de experiencia, traballou para canles e plataformas como BBC, Netflix, Sky, Discovery e Channel 5. O seu estilo destaca polo uso da luz natural, a construción atmosférica da imaxe e a aplicación de recursos propios da ficción ao documental. Participou en producións recoñecidas como AIDS: The Unheard Tapes e D-Day: The Unheard Tapes, galardoadas con premios RTS e Grierson, entre os máis prestixiosos do audiovisual británico. Como especialista certificado por Sony, é unha referencia internacional na dirección de fotografía para documental. 


No MAC MARÍN compartirá a súa experiencia traballando con iluminación básica e creativa para composición de vídeo.

PRAZAS LIMITADAS!

Inscríbete agora e consegue un 50% de descconto na matrícula deste curso

RESERVA DE PRAZA AQUÍ

FORMACIÓN - PROCESO CREATIVO

IMPARTIDO POR ANXOS FAZÁNS

Anxos Fazáns é directora, guionista e produtora audiovisual galega, cunha sólida traxectoria no desenvolvemento de proxectos de ficción cinematográfica desde a idea inicial ata a súa materialización en pantalla. A súa experiencia abrangue todas as fases do proceso creativo: conceptualización, escritura de guión, construción de personaxes, desenvolvemento visual, dirección de actores e posta en escena. A través das súas longametraxes A estación violenta e As liñas descontinuas, así como de múltiples proxectos para cinema e televisión, consolidou unha metodoloxía de traballo baseada na exploración da identidade narrativa e na coherencia entre forma e contido. 


No marco de MAC MARÍN, impartirá un obradoiro centrado no proceso creativo aplicado á ficción audiovisual, abordando as ferramentas e dinámicas que permiten transformar unha idea inicial nun relato cinematográfico sólido, analizando casos prácticos da súa propia experiencia profesional.

PRAZAS LIMITADAS!

Inscríbete agora e consegue un 50% de descconto na matrícula deste curso

RESERVA DE PRAZA AQUÍ

O alumnado participante será aloxado no Colexio San Narciso, unhas instalacións  funcionais situadas nunha contorna privilexiada. O centro atópase perfectamente comunicado co núcleo urbano da vila e cos principais servizos de transporte, a tan só cinco minutos da praia, facilitando tanto a mobilidade como o desfrute da contorna durante a túa estancia.

Amplía técnica e coñecemento con profesionais da industria audiovisual

Copyright © 2026 MAC MARÍN - Tódolos dereitos reservados.

Marín de Cine - Club Audiovisual

Este sitio web emprega cookies

Empregamos cookies para analizar o tráfico do sitio web e optimizar a túa experiencia de navegación. Ó aceptar o noso emprego de cookies, teus datos agruparanse cos datos de tódolos demais usuarios.

RexeitarAceptar

ENTRADAS

PREZO 5€ 

ACCESO AQUÍ